COMO CHEGAR

EN AUTOBÚS

A liña Santiago de Compostela (E.I.)-Ribeira realiza varios traxectos diarios nos dous sentidos, sempre cunha ou máis paradas dispoñibles en diferentes puntos do Concello de Rianxo.

EN TREN

As liñas ferroviarias que conectan Coruña e Vigo fan as súas respectivas paradas nos concellos de Padrón, Pontecesures e Catoira. Dende alí, Rianxo queda a apenas 15 minutos de viaxe en autobús (só desde Padrón), coche ou taxi.

EN COCHE

Dende o Rock in Rian buscamos diminuír o impacto ambiental e a pegada ecolóxica do noso festival, nun intento de fomentar e colaborar coa preservación do medio natural. Para isto, tamén apelamos á responsabilidade individual de cada un dos asistentes, recomendando que se faga uso do transporte público ou de vehículos compartidos, na medida do posible.

Scroll ao inicio