DÍA DAS PEÑAS



XOGOS DAS PEÑAS

En plena semana das Festas de Guadalupe, no coñecido popularmente como “Día das Peñas”, rianxeiros e rianxeiras visten a camiseta da súa respectiva cuadrilla e reúnense na Praza Castelao para a nosa primeira actividade do día. Durante toda a mañá terá lugar unha exhibición de xogos populares, amenizada por un DJ rianxeiro, e onde participará xente de todas as idades, representando e intentando conseguir a vitoria para a súa peña.




ROMARÍA DA MARTELA

Unha vez rematados os xogos na Praza Castelao, a animación desprazarase ao Parque da Martela, onde celebramos un xantar popular con música ao vivo, á vez que repoñemos forzar para afrontar unha tarde enteira de festa.




O FESTIVALINHO

O fin do xantar popular dá comezo ao noso festival anual de música electrónica. Pensado inicialmente para a mocidade rianxeira, cada ano máis franxas de idade se reúnen no noso Festivalinho para oír aos/ás diferentes disc-jóckeys mostrar as últimas novidades da produción musical electrónica de Galicia.

Scroll ao inicio