BASES V CONCURSO DE BANDAS EMERXENTES
I.PARTICIPANTES
· O concurso non ten limitacións de idade, pero os/as menores que queiran participar deberán dar aviso da pertenza de menores de idade na banda e cumprimentar a autorización que se enviará posteriormente dende o noso correo electrónico: emerxentesrockinrian@gmail.com
· Poderá participar todo grupo/artista que estea dentro do rock, rap, ska e outros xéneros non-comerciais.
· Poderá participar calquera banda con traballos discográficos propios e auto-editados.
· Non poderán participar no concurso aqueles grupos que actualmente posúan un contrato discográfico en vigor cunha compañía multinacional.
· Quedará eliminado do concurso calquera agrupación que non cumpra ou acepte as presentes bases.
· Non poderá participar ningún grupo con outra actuación prevista no programa de Cacharelas Musicais no que se enmarca o Concurso de Bandas Emerxentes.
II. INSCRIPCIÓN
· A inscrición ao concurso realizarase a través do noso correo electrónico (emerxentesrockinrian@gmail.com).
· Cada proposta deberá ir acompañada dun vídeo musical, ben sexa vía link dun vídeo rexistrado na plataforma YouTube ou un arquivo de vídeo. O vídeo musical debe ser dun tema propio, con música e imaxe (ben sexa fixa ou en movemento) de propiedade da banda.
· NON se admitirán vídeos que recollan copias/versións doutros artistas.
· NON serán válidos vídeos nin cancións que presenten contido xenófobo, homófobo, racista ou discriminatorio contra calquera individuo ou colectivo.
· As inscricións pecharán cando se completen as prazas dispoñibles para esta edición.
III. CONCURSO
· O concurso será de unha única rolda, dividida en catro eventos, nos que actuarán dúas bandas de cada vez.
· En cada evento, unha banda será escollida como gañadora, a través dun sistema de votación mixto (50/50), entre o voto popular e o dun xurado, formado por unha representación das asociación organizadoras e artistas da contorna.
· Cada evento terá lugar en diferentes puntos do Concello de Rianxo, podendo desprazarse a interiores de locais hostaleiros do centro da vila, en caso de condicións meteorolóxicas adversas.
IV. LICENCIA DAS OBRAS
· Os/as participantes do concurso responderán persoalmente á lexítima titularidade dos dereitos dos vídeos, imaxes e música presentadas.
· A participación no concurso autoriza á organización a utilizar os vídeos, imaxes e música presentados e tomados en directo para a divulgación do concurso e dos grupos participantes en calquera medio que se considere oportuno.
· Para isto, os/as participantes facilitarán á organización a información ou elementos audiovisuais que se requiran.
V. PREMIOS BANDAS GAÑADORAS
· Actuación no Festival Rock in Rian 2026 (14 e 15 de agosto), nun dos escenarios situados do recinto principal + 500€ en metálico.
VI. ORGANIZACIÓN
· A organización resérvase a facultade de interpretación e resolución de forma inapelable de calquera circunstancia non prevista nestas bases.
· O incumprimento das obrigas que impoñen as presentes bases poderá ser motivo de revogación dos beneficios desta convocatoria.
· Para calquera dúbida ou consulta: emerxentesrockinrian@gmail.com
