E TI, DE QUEN VÉS SENDO?

Este ano queremos faser algho moi noso. Algho que fale de quen somos, de onde vimos, e sobre todo do orghullo de ser rianxeiros e rianxeiras. Seghuro que máis de unha ves che preghuntaron “e ti, de quen vés sendo?”. Porque aquí coñesémonos polas familias, polas casas… e por eses alcumes tan orixinais que forman parte da tradisión oral da nosa vila.
A idea é sinxela: recoller os alcumes das nosas familias e plasmalos nunha revista, cunha foto de cada núcleo familiar e unha breve explicasión da súa orixe. Alén diso, todos e cada un dos alcumes conformarán o deseño da nova camisola de fútbol do Rock in Rian.
Unha prenda que non só represente o festival, senón tamén as nosas raíses e o noso pobo mariñeiro. Comparte o teu alcume con nós e partisipa, para axudarnos a crear a camisola máis rianxeira da historia!
